ES

Exitazo para a primeira edición do Lérez Up 💙

Máis de 3.500 persoas achegáronse á nosa primeira edición do Lérez Up, o salón de videoxogos e da cultura friki de Pontevedra

O Lérez Up reuniu a máis de 3.500 apaixonados da cultura xaponesa, dos videoxogos, do manga e do anime, os días 27 e 28 de agosto no Recinto Feiral de Pontevedra. O salón contou cunha programación apta para todos os gustos, como charlas, talleres, concursos ou torneos. De feito, tivemos o gran pracer de acoller o 1º nacional de Smash Bros. Ultimate celebrado en Galicia, que reuniu a máis de 115 competidores non só de toda España senón tamén de Portugal.

Nesta primeira edición Lérez Up pretendíamos converternos nun punto de encontro de referencia para a cidade pontevedresa. Nós cremos que o conseguimos, e vós? 🙂

Deixámosvos unhas cantas fotiños do evento 😀. Tedes permiso para descargalas e utilizalas nas vosas redes, sempre e cando nos etiquetedes 💙

🖱️🖥️ ZONA PCS E CONSOLAS

Torneo de League of Legends, sen límite de participantes. Fase online previa ao evento e semifinais presenciais. 1º premio 200€; premios ata o 4º posto.

 

Torneo do videoxogo Super Smash Bros Ultimate, aberto a 256 participantes e cun premio de 1000€ mais o bote do rexistro. 

 

Torneo de Valorant, sen límite de participantes. Fase online previa ao evento e semifinais presenciais. 1º premio 200€; premios ata o 3º posto.

🦸🏻‍♀️🦸🏻‍♂️ COSPLAY

🏅 Concurso

Un xurado profesional, formado polos cosplayers Belia e Zashu e a fotógrafa Amanda Novoa, valorará os traxes dos participantes. Terase en conta a posta en escena, caracterización e confección de cada cosplayer. Os premios escolleranse por categorías e serán en metálico ou merchandising.

🧵 Charlas e talleres

No Lérez Up haberán tanto charlas (impartidas no escenario) e talleres (que se realizarán na zona de mesas):
 

Colaboradores

💙 INVITADOS

SNIP SNIP

Ilustradora freelance que se define a si mesma como “A dos posters anime”. Entre os seus clientes máis destacados atópanse Sony ou Playstation. Para nós destaca porque foi a encargada de facer o cartel do noso evento 💙

No Lérez Up impartirá unha charla sobre deseño gráfico 🎨.

 

YELLO

Yell0 é un compositor, cantante e produtor de 19 anos que leva trasteando con instrumentos musicais desde os 3 anos. É coñecido polos seus remixes de temas de videoxogos así como pola súa música orixinal, con influencias de moitos estilos distintos como o jazz, o funk, música electrónica, ata orquestral…

No Lérez Up ides poder gozar dun concerto seu con covers e remixes 🎵.

🕹 ZONA RETRO + INDIE

No evento contaremos cunha zona retro onde contaremos con Retro Galaicos, unha asociación galega que nace co fin de non deixar caer no olvido as máquinas de videoxogos dos anos 70, 80 e 90 🕹

Tamén haberán unhas mesiñas expostas nas que se presentarán os seguintes xogos indie 🎮:

  • Dun-dun (La Mugre Games)
  • Quack Time Event (Patologic)
 

🎤 ZONA ESCENARIO

🧵 TALLERES:

  • Fotografía de Cosplay, por Amanda Novoa
  • Cosplay: Costura e Confección, por Belia e Clarice
  • Deseño gráfico, impartido por Snip Snip

💬 CHARLAS:

  • Cosplay: Caracterización e maquillaxe, por Yumivigo e Sayumi
  • Let’s Talk: Un vistazo ó multiverso de Magic, por Magic Stride
  • Genshin Impact: Meta Game, por Zashu

🧩 OUTRAS ACTIVIDADES:

  • Concurso de Cosplay por Lowell
  • Actuación musical por  yell0
  • Trivial Gamer por Recuncho Gamer 

🏘 ZONA CIDADE GAMING

 Ocionautas é unha asociación da Estrada dedicada a potenciar as iniciativas dos xóvenes e á coordinación do voluntariado

Veñen moi preparados para montar unha «cidade gaming» onde se diferenciarán dous bandos. Unha zona con múltiples actividades:

Puzzle room, Retro gaming, Nerf, Pacman, Among US, Jenga xigante, Call of Duty, Brawl Stars, Tetris e Candy Crush.

🧩🎴 ZONA DE MESAS

🧵 TALLERES:

  • Magic (Crea o teu propio mazo + Crea a túa propia Deckbox) por Magic Stride
  • Caligrafía xaponesa por Asociación Freak
  • Cosplay (Caracterización e maquillaxe) por Yumivigo e Sayumi
  • Deseño de personaxes por Gáidil

🏅 TORNEOS:

  • Magic (COMMANDER + DUEL COMMANDER) por Magic Stride
  • POKEMON OU organizado por Asociación Freak 

🧩 OUTRAS ACTIVIDADES:

  • Xogos de mesa libre por Tempus Ludit
  • Partida de rol organizada por Eternalverse
  • Sorteos por Magic Stride
  • Concurso de debuxo por Magic Stride

🕹 ZONAS: ONENTE / IDOL GAMES / JUGGER

🎮 Onente dispondrá dunha zona gaming para que podades xogar cos vosos amigos, onde organizarán unhas pequenas actividades con diferentes xogos.

Tamén organizarán un torneo de FIFA ⚽

 

🌸 Idol Games estarán connosco para ofrecervos todo un abanico de actividades:

✨ Concurso de karaoke, adiviña o personaxe, cadeiras musicais, bingo, audiotrivial, torneos de Beat Saber e Just Dance, Painturillo, Cultura VS Kultura e partidas libres de Karaoke e Just dance

⚔️ O núcleo de Jugger de Coruña organizan:

Iniciación ó uso de armas de Jugger, duelos 1 vs 1, exhibición guiada, partida para novatos e un torneo.

Á nosa disposición teremos un anaco da Illa das Esculturas (a 5min do Recinto Feiral) para realizar estas actividades ó aire libre 🌳

🎨🛍️ STANDS​

En este evento contaremos con 65 stands dedicados a la promoción y venta de obras tanto de artistas como de comerciales.

🍦ZONA DE DESCANSO

No Lérez Up contaremos cunha zona de descanso na que encontrarás tres foodtrucks e unha barra de bebidas 🍟

💙 COLABORADORES​

Síguenos en redes para no perderte nada

Organizado por

Patrocinadores