Un evento organizado pola asociación Gaming Troop e o Concello de Pontevedra
Este verán o Lérez Up reunirá a apaixonados da cultura xaponesa, dos videoxogos, do manga e do anime, os días 27 e 28 de agosto no Recinto Feiral de Pontevedra. O salón contará cunha programación apta para todos os gustos, dende charlas e talleres ata competicións con premios.
Os fans dos videoxogos poderán combater en diferentes torneos como o do League of Legends ou Valorant. Destaca tamén o nacional de Smash Bros. Ultimate, reunindo a máis de 250 aficionados de toda a península. O lugar contará ademais con consolas para xogo libre.
Unha das actividades principais do Lérez Up será o concurso de cosplay. Un xurado profesional premiará á mellor caracterización dunha personaxe, valorando a súa actuación, vestimenta e representación. Este xurado tamén protagonizará diversas charlas sobre o mundo do cosplay, como “Iniciación a maquillaxe e taller”.
Asimesmo será un espazo para pequenos artistas e artesans que queran mostrar as súas obras na zona de stands, dando visibilidade a pequenos creadores locais.
Nesta primeira edición Lérez Up pretende ser un punto de encontro xuvenil, contando coa presenza de outras asociacións que ofrecerán diferentes actividades ó público. Un evento que aspira a converterse nun referente para a cidade de Pontevedra.