13 e 14 de setembro no Recinto Feiral de Pontevedra
Horarios de apertura e peche: Sábado de 11h a 21h, domingo de 11h a 20h.
TORNEOS
IMPORTANTE: SÓ O TORNEO DE SMASH TEN INSCRICIÓN PREVIA. O resto, cada xogador / equipo deberá facelo no propio día de cada torneo, na mesa de inscricións. Tamén haberá xogo libre mentres non haxa actividades. Podes traer os teus periféricos para xogar, asegúrate de que funcionan correctamente! O torneo de Fortnite xogarase só en PC e utilizaranse as contas proporcionadas pola organización. Todos os torneos teñen premio sorpresa 🙂
Na Lérez Up 2025 haberá unha zona adicada a artistas e comerciais que desexen expor e vender os seus produtos. O formulario de inscrición para os postos de comerciais abrirase o 30 de maio ás 15h e o de artistas o 2 de xuño ás 15hº
Zona adicada ós xogos de mesa máis coñecidos onde tamén poderás descubrir novidades e proxectos independentes. Ubicada na primeira planta do Recinto Feiral.
Máis información sobre os torneos e a programación próximamente.
IDOL GAMES
A túa zona de actividades favorita repite na Lérez Up! Audiotrivial, bingotaku, adiviña a personaxe, torneo de Just dance e Ultrastar, karaoke libre e máis ✨
PONTELABS
Asociación veciña de Pontevedra que promove a filosofía Maker. Amosarán as súas creacións feitas a man con impresora 3D e ofrecerán un taller onde poderás pintar a túa figura Pokémon 3D
ESCUADRÓN SAS
Unha zona chegada doutra galaxia! Participa no taller de creación de sabres de luz e desafía a outros Jedis en duelos e torneos
ZONA OFFLINE
A asociación Ocionautas de A Estrada repite cos seu gaming feito a man onde o público de calquera idade pode achegarse a desconectar cunha chea de xogos sen pantallas como o Jenga xigante ou o prototipo real life de Angry Birds